Thursday 16 de May de 2024

Cambre abre o prazo para os campamentos urbanos de verán


Esta edición ten como novidade a ampliación do horario e a opción de xantar

O Concello de Cambre vén de convocar o campamento urbano municipal que ofrecererá aos veciños/as a posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar co lecer educativo dos nenos. Esta edición ten como novidade a ampliación do horario e a opción de xantar. Desenvolverase no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre de luns a venres (agás festivos) nas seguintes quincenas:

1ª quincena: do 3 ao 14 de xullo.
2ª quincena: do 17 ao 31 de xullo.
3ª quincena: do 1 ao 14 de agosto.
4ª quincena: do 17 ao 31 de agosto.

O campamento está dirixido ao alumnado que curse no 2016-2017: 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e 1º da ESO. Levaranse a cabo actividades lúdico – deportivas e culturais, e tamén un obradoiro lúdico en Inglés.
Segundo a concelleira de Educación, María Jesús Gómez, este ano o campamento ampliou os horarios e ofrece a posibilidade de xantar, o que mellora a oferta con respecto aos edicións anteriores.

Prazo e lugar de inscrición: Do 3 de maio ao 16 de maio de 2017, en calquera dos rexistros de entrada municipais. Presentar formulario de solicitude e demais documentación necesaria (ver nas condicións do campamento urbano de verán 2017 na páxina web municipal ou no departamento de educación). O listado de admitidos publicarase na web municipal a partir do 14 de xuño.

Prazas: mínimo 10 (25 no xantar) e máximo 108 por quincena (destas 108, resérvanse 8 prazas por quincena ao alumnado do “Obradoiro lúdico – cultural para menores” de Servicios Sociais).

Servicios complementarios e opcionais: Mañanceiro (con/sen almorzo) de 7:30 a 9:30h; gardería de 13:30 a 14:30h; xantar e transporte (ver os horarios e as paradas, nas condicións do campamento urbano de verán 2017 na páxina web).